O rexedor explicou que “no día de hoxe fíxose a recepción das obras de pavimentación con formigón e recollida de augas pluviais para a entrada do colexio Gregorio Sanz. Esta actuación, que supón un chisquiño máis de 6.000 euros, fixémola desde o Concello e aínda que estas obras exceden das obrigas de mera conservación que ten o Concello con este centro público, pero debido ao pouco peso específico e económico que a Xunta, na educación en xeral e neste centro en particular, está a facer nos últimos tempos vímonos obrigados a actuar desta maneira, porque a situación dese pavimento, dese acceso era bastante perigoso e estaba bastante degradado”.

Fernando Suárez Barcia confía en que “de aquí en diante o goberno autonómico faga valer as súas competencias en materia educativa, tamén para as inversións, e se aplique un pouquiño máis no colexio público”.