O rexedor anuncioulles “ás empresas cualificadas para este tipo de obra que temos colgado, desde o día de hoxe, na plataforma de licitación electrónica aloxada na páxina web do Concello, ademais de tamén estar na plataforma de contratos do Estado, a obra de pavimentación do camiño de Vilar, en Piñeira, polo procedemento aberto simplificado ordinario. Hai que ter en conta que son dez días de publicación, remata polo tanto o vindeiro 3 de maio para todas as empresas que queiran planificar a súa oferta”.

Fernando Suárez explicou que “o importe son 32.000 euros, IVE incluído, e desde o Concello con fondos propios queremos darlle unha volta a este camiño que presenta, desde hai moito tempo, unha serie de deficiencias na capa de rodadura. Queremos aumentar o ancho da calzada nalgúns tramos e queremos mellorar as características superficiais do pavimento existente con aglomerado asfáltico. Aínda que é un barrio pertencente a unha parroquia a día de hoxe está integrado na malla urbana de Ribadeo. Este camiño conecta a avenida da Ría de Ribadeo cun camiño de servizo da circunvalación, que linda coa estrada do monte, polo tanto é moi usado tanto por residentes dese entorno como pola xente que cruza dunha zoa para outra do concello”.