O edil ribadense explicou que “nesta semana empezamos uns importantes traballos de ampliación das redes municipais de subministro de auga potable para dous barrios da parroquia de Vilausende. Trátase dos núcleos do Carbón e de Santomé. Eran dos poucos que a día de hoxe non dispoñían de acceso á auga municipal, dado que se surtían con traídas particulares”. 

Villamil dixo que “o malo destas traídas é que algunhas delas, por mor das secas continuadas, están a deixar de ser efectivas, polo que desde o Concello licitamos un proxecto onde se contempla a extensión da acometida dun 270 metros para Carbón e 1.500 metros para Santomé. As tubaxes serán de 63 mm de diámetro, levarán válvulas, arquetas de rexistro así como dúas bocas de rego. O proxecto ascende a 40.500 euros e foi adxudicado á mellor oferta económica, que foi a Construcións Saa, de Foz”.  

Os traballos foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.