O rexedor dixo que “no Concello de Ribadeo seguimos traballando con este aglomerado que estamos facendo en moitas das parroquias tanto da costa como do interior. Neste caso estamos traballando en Rinlo e máis en San Xillao, que é un núcleo da parroquia de Vilaframil, poñendo en valor camiños que estaban nunha situación francamente deteriorada e polos que pasa moita xente. Estamos aproveitando este bo tempo do outono para aglomerar e para continuar con este traballo que estamos facendo en todas as parroquias do concello”.

Fernando Suárez lembrou que “estas obras lévanse a cabo con este programa ambicioso de fondos propios, de fondos municipais, e que van seguir con outra serie de actuacións a curto prazo para seguir poñendo en valor as nosas parroquias”.

O alcalde manifestou:”sabemos que temos moitísimas pistas, moitísimos camiños, e que non todos poden ir ao mesmo tempo, pero sempre intentamos repartir entre as parroquias da costa e as parroquias do interior, e atendendo moi especialmente as opinións que nos formulan as diferentes asociacións de veciños. Sabemos que non se pode ir a todos os sitios ao mesmo tempo, pero imos cunha intención clara e meridiana de actuar en todos os lugares”.