O rexedor ribadense explicou que “quero anunciar a inminente execución de obras no medio rural, en varias parroquias de Ribadeo con cargo a dous plans moi importantes, por unha banda, o Plan de Obras e Servizos que levamos adiante entre o Concello, a Deputación e o Ministerio e por outra banda, o Plan Estratéxico de Infraestructuras que se leva adiante grazas á Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Comezando por este último, é un plan que xa estaba aprobado e feito polo anterior goberno autonómico e pola anterior Consellería de Medio Rural, pero que afortunadamente este novo goberno o respetou, o que hai que valorar de xeito positivo. Imos actuar en tres parroquias cun importe de 110.000 euros, básicamente en Piñeira, en Vilaselán e en Cubelas, e por outra banda, no Plan de Obras e Servizos, onde tódolos grupos da corporación, nunha xunta de portavoces puideron plantexar as súas propostas e incorporamos A Devesa, Vilaframil e Arante”.

Fernando Suárez sinalou que “en total son dez camiños nestes dous plans que afectan aproximadamente a cinco quilómetros de vías municipais e que teñen un montante global prácticamente de 180.000 euros. O máis importante de todo isto é que nas vindeiras semanas darán inicio os traballos de asfaltado con rego asfáltico nalgúns camiños, en asfaltado con aglomerado asfáltico en outros e unha partida tamén importante duns 24.000 euros para a dotación de anclaxes en contedores do lixo en máis puntos das parroquias da vila evitando así, que moitas veces, o vento os mova ocasionando un perigo potencial  para os conductores”.

Suarez  cre que “é unha moi boa noticia para as parroquias de Ribadeo esta nova inxección de diñeiro para os camiños, que se vén complementando co esforzo que estamos facendo esta tempada nas parroquias da costa e do interior con cargo a outros plans que executamos neste gran barco que é o Concello de Ribadeo cunha chea de viais públicos que cando acaba un de rematalos nunha parroquia na outra xa se empezan a estropear, xa que son un montón os camiños públicos que temos”.