Neles aprenderán a programar de xeito moi sinxelo e creativo. Verán conceptos sobre intelixencia artificial, robótica e deseñarán tamén circuítos en papel, todo baixo unha metodoloxía activa e un aprendizaxe práctico con profesionais do sector.

Desde o Concello apuntan que “é unha boa maneira de introducir á rapazada, desde moi cativos, na outra cara da tecnoloxía”. 

A inscrición é gratuíta para todos e todas e as prazas son limitadas. O prazo de inscricións atópase aberto e pódense apuntar no teléfono 982120732 ou no correo electrónico da Aula CeMIT de Ribadeo.