Esta actividade desenvolveuse coa colaboración da Asociación Socioeducativa para la Educación (ASEDUC), e nela participaron alumn@s de 3º de ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Celebráronse catro sesións ao longo dos meses de marzo e abril cun total de 61 alumnos e alumnas distribuídos en tres grupos.

Ademais nos meses de xaneiro e febreiro leváronse a cabo estes obradoiros no CEIP Porta da Auga con 22 alumnos/as de Formación Profesional Básica. Estas actuacións enmárcanse dentro do programa Infórmate…perde o medo.

A responsable do programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, Mónica Fernández Lamparte, salientou que “queremos agradecer a ASEDUC, e a todo o seu persoal, o gran traballo que estivo e está a desenvolver con nós. ASEDUC é unha asociación multidisciplinar formada por grandes profesionais de diversas áreas de educación, psicoloxía, traballo social, educación social e enfermaría, que ten a súa sede en Oleiros (A Coruña)”.