Dende a organización preténdese estimular á cidadanía e aos profesionais do sector e ir creando xa a atmosfera propia das xornadas festivas que máis tarde nos acompañarán. Tamén se persegue con esta nova iniciativa aportar ao sector ideas novidosas para que poidan ofrecer á súa clientela novos combinados propios dos países de ultramar.

Esta actividade, o obradoiro de cócteles para a hostalería, terá lugar o luns 5 de xuño ás 16.45 horas no Parador de Ribadeo, e será impartido por Marcos Martínez Iglesias. Este profesional do sector foi galardoado como mellor cocteleiro en 3 campionatos galegos, en 3 campionatos nacionais, nun campionato nacional de coctelería sen alcohol e nun  campionato nacional GinTonic.

Os profesionais hostaleiros que precisen máis información poden contactar directamente coa oficina de turismo de Ribadeo ou coas oficinas de Acisa Ribadeo.

Desde a organizan subliñan que “a conta atrás para o Ribadeo Indiano 2023 comezou e durante o mes de xuño serán varias as actividades a desenvolver coa intención de crear xa ambiente e de ofrecer diferentes alternativas aos sectores implicados e á poboación en xeral”.