A responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, Mónica Fernández Lamparte, explicou que “onte a asociación Aseduc rematou co seu programa Infórmate… perde o medo co alumnado de Formación Profesional Básica do CIFP Porta da Auga. Impartíronse 4 sesións de 50 minutos de duración cada unha a cargo de Noelia García, que é educadora social de dita asociación”.

Lamparte engadiu que “durante este obradoiro tratáronse temas sobre a sexualidade segura e a prevención do VIH. Agora en marzo este obradoiro chegará ao alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, en concreto aos rapaces e rapazas de 3º de ESO”.