O obradoiro terá lugar o 27 de xaneiro ás 17:30 horas no Teatro. A duración será de dúas horas. O número de prazas é limitado para 20 bebés e con cada un deles poderá asistir unha persoa adulta. Como noutras ocasións, o grupo estará no escenario e poderá haber persoas no patio de butacas.

O prezo por participante é 3 euros e as persoas interesadas poden inscribirse na dirección de enderezo electrónico cultura@ribadeo.org.