Este xoves, 5 de decembro, ás 19:00 horas o Cine Teatro acollerá a charla titulada Delitos e Novas Tecnoloxías, Especial Referencia á Violencia de Xénero, que será impartida polo xuíz José Antonio Vázquez Taín.

Esta conferencia enmárcase dentro da programación organizada pola Área de Igualdade con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O maxistrado abordará o impacto das novas tecnoloxías na comisión de delitos, centrándose especialmente na violencia de xénero dixital. Ao longo da súa intervención, Vázquez Taín explicará como as ferramentas dixitais poden ser empregadas como medios de control, acoso ou abuso, e proporcionará claves xurídicas e prácticas para identificar, previr e combater estes delitos.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “a charla está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en comprender os desafíos legais e sociais que expón a ciberdelincuencia e, en especial, os que afectan á igualdade e a seguridade das mulleres. A entrada é libre ata completar aforo”.