Ribadeo acolle este xoves a súa fase local de fútbol sub 16 e sub 19 da Compostela Cup do Camiño 2009 que organizan a Fundación Compostela Deporte e o Concello. A xornada comenzará coa final da categoría sub 16, na que se medirán o Ribadeo FC e a SD Burela ás dez e media da mañá, no campo municipal de Ribadeo. O triangular da categoría sub 19 comenzará ás 11:45 horas co partido entre UD Pastoricense e CD Cospeito; o perdedor deste compromiso enfrentarase a Ribadeo FC ás 12:35 horas, mentras que 50 minutos máis tarde o Ribadeo FC xogará co gañador dese primeiro encontro da categoría.