Fernando Suárez dixo hoxe que “tivemos que soportar nos últimos meses críticas infundadas, destinadas a erosionar a imaxe do goberno por parte tanto de Balbino Pérez Vacas como de Ramón López coa xustificación da anualidade do núcleo de sostibilidade para Ribadeo. Grazas a eses cartos estamos a facer unha serie de cuestións de relevancia para o Concello de Ribadeo sin que a éste lle coste prácticamente nada. Estamos a poñer uns 100 metros cadrados de paneis solares na piscina municipal e estamos a facer cousas que executaremos nos vindeiros meses como por exemplo unhas rutas de sendeirismo, etc”.

O rexedor lembrou que “estiveron a cuestionar a maneira que tivemos de xustificar un diñeiro a finais do ano 2008, cando realmente a Xunta de Galicia nos deu un prazo de 2 días para facelo e fixemos todo canto poidemos e creo que o fixemos ben porque non se perdeu nin só un euro nesa xustificación de subvención. Tempo despois a propia  Xunta comunicou que o xustificado estaba ben feito, pero non contentos con iso os representantes do grupo municipal socialista acudiron ao Valedor do Pobo para denunciar estas actitudes que segundo eles non eran axeitadas”.

Fernando Suárez asegurou que se alegra da decisión e suliñou que “hai uns días o Valedor acaba de contestar que arquiva este expedente en función da contestación que nós lles remitimos explicando como fora o sistema e cal foi o motivo polo actuamos así seguindo os criterios xurídico-legais e cómo nós intentamos xestionar, cando parece que hai outra xente á que lle doe que nós xestionemos e tenta poñer cantas pedras no camiño poida para que xestionemos o menos posible”.