A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en maio co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas tecnoloxías en Ribadeo. No mes de maio impartiu un total de 7 obradoiros tecnolóxicos que tiveron unha duración de 29 horas e a través dos que se formou a 38 persoas. Asemade, 13 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as actividades que ésta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 548 ocasións.

En canto aos números xerais da Rede, desde que botou a andar no Concello de Ribadeo en febreiro de 2007, foron xa 804 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 78 obradoiros, nos que se formou a 468 participantes. Tamén é importante o dato de utilización da aula aberta xa que foron un total de 7.760 usuarios/as os/as que fixeron uso das instalacións do Centro de Dinamización de Ribadeo dende o seu primeiro día de apertura.

Os obradoiros máis impartidos foron Iniciación á Informática (en 24 ocasións) e Iniciación a Internet (21 veces). Creación dunha conta de correo electrónico e Solicitude de cita médica en Internet foron os seguintes na lista. Tamén contaron con moi acollida entre a cidadanía os Xogos educativos en Internet, Saúde en Internet ou Mecanografía, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede.