Segundo ven de anunciar o concelleiro delegado de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, o sistema de reciclado de vidro denominado Alehop comezará a instalarse en cinco puntos do casco urbano de Ribadeo nos vindeiros días.

A clave do procedemento son cinco colectores especiais cunha boca máis ampla do habitual, que permite verter o vidro dende un recipiente máis pequeno, o que evitar ter que trasladalo peza por peza. Así, o concello dispón de outros corenta colectores de menor tamaño que porá a disposición dos establecementos que soliciten participar no sistema.

Hai mes e medio, o Concello realizou unha enquisa entre o sector hostaleiro que deu como resultado nove hostaleiros comprometidos a participar neste sistema. Segundo apuntou o conselleiro, agárdanse máis adhesión “agora se adhiran máis a esta iniciativa que xa é unha realidade”. Cupeiro agradeceulle tamén a Ecovidro o ter facilitado de xeito gratuíto este novo sistema de recollida.