O Ribadeo de Tapeo chegou hoxe ao Centro de Atención a Persoas Maiores.

As usuarias e usuarios da residencia degustaron as tapas gañadoras da décimo oitava edición do Ribadeo de Tapeo, que foron as de Parador de Turismo, Ramonita, El Oviedo, Marinero e Kalpa Amodiño.

A degustación tivo lugar esta mañá na residencia, ata onde se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que sinalou: “consideramos importante que os nosos maiores tamén poidan gozar das exquisiteces da gastronomía local que prepararon para o Ribadeo de Tapeo estes establecementos hostaleiros. Deste xeito achegamos as actividades que se desenvolven na vila ao Centro de Atención a Persoas Maiores”.

Ademais agradeceu a colaboración dos gañadores do Ribadeo de Tapeo “para poder estar hoxe a carón dos usuarios e usuarias da residencia así como á dirección e ás traballadoras do centro pola súa implicación para que esta xornada fose diferente e especial”.

As Concellerías de Benestar Social e Turismo foron as organizadoras desta cita.