A administración autonómica disporá de tres meses para informalo, “pode estimalo na súa totalidade, estimalo parcialmente ou desestimalo”, explicaba o rexedor hai uns días, “o que ven sendo habitual é que se teñan que realizar modificacións nestes documentos a petición da Xunta”.

Suárez Barcia agarda que “este sexa un dos últimos pasos que temos que dar para contar co Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo. Si temos que cambiar cousas así o faremos para cumprir coas indicacións da administración galega”.

O alcalde subliñou que “hai moi poucos Concellos en Galicia que teñan os seus plans xerais nunha fase tan avanzada coma Ribadeo e reiterou que “pretende ser un PXOM de todos e un plan que lle dea seguridade xurídica a Ribadeo e posibilidades de crecemento e consolidación como concello”.