Despois do 23 de marzo ao 5 de abril situarase na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril estará nas inmediacións da escola de Covelas; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.

A veciñanza pode depositar no punto limpo móbil “residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”, segundo lembra o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, que anima á veciñanza “a facer uso deste novo servizo que puxemos en marcha a principios deste ano 2023”. 

Desde o equipo de goberno subliñan que “esta é unha forma de achegar a reciclaxe ás parroquias de Ribadeo e de concienciar á poboación da súa importancia”.