O punto limpo estará pechado en Ribadeo o 4 de novembro debido á celebración da festividade de San martín de Porres. E o martes, día 5, non haberá recollida de cartón porta a porta.

peche punto limpo_ non recollida de carton nov 24

O vindeiro domingo, 3 de novembro, celébrase a festividade de San Martín de Porres, patrón dos barrenderos.

Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “por este motivo o punto limpo vai estar pechado o luns, 4 de novembro, e non haberá recollida de cartón porta a porta o martes, día 5”.

E engaden: “agradecemos a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo para que o luns non se acheguen ao punto limpo e dos comerciantes da nosa vila para o que o vindeiro martes non saquen o cartón á rúa. Este servizo retomarase con normalidade o xoves, 7 de novembro”.