O pleno do Concello aprobou por unanimidade a ratificación do novo proxecto da ARI para Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez, di que “se trata dun asunto de primeiro nivel que levamos a pleno, unha vez cumplimentadas todas as melloras que nos propuxeron desde a Consellería de Vivenda sobre todo para que desde o primeiro momento xunto cos recursos públicos destiñados a financiar a rehabilitación de vivendas privadas tamén se incorporaron xa o acondicionamento de espazos públicos para facer unha similitude do que se leva xa anos facendo no casco vello de Ribadeo”.
Na sesión plenaria de onte cos votos a favor de BNG, PP e PSOE e a abstención de UPRI foi aprobado definitivamente o regulamento de réxime interior do Hospital Asilo. O rexedor asegura que “se presentaron alegacións por parte dalgunhas asociacións de veciños do concello e que básicamente rexeitáronse a práctica totalidade de ditas alegacións aínda que nalgúns casos se entendeu que era positivo enriquecer este regulamento dalgunha maneira con esas aportacións que nos facían e houbo unha parte que sí se estimou e agora unha vez aprobado por unha maioría amplia da Corporación iniciamos o camiño para resolver esta situación”.
Suárez engade que “dita situación era de certa alegalidade é dicir, non estaba nin legal nin ilegal o Hospital Asilo de Ribadeo rexido por unha congregación relixiosa, pero demos un paso de xigante para resolver esta situación. Ábrese a porta á financiación externa por parte da Xunta a través da lei de dependencia e por parte da Deputación, e ábrese a porta para que non só o centro senón tamén os usuarios poidan ser beneficiarios doutro tipo de prestacións do Estado e da Comunidade Autónoma”.
O alcalde considera que “ao mesmo tempo esta ordenanza vai regular un prezo mínimo máis elevado do que había ata o de agora porque o goberno e a Corporación na súa práctica totalidade consideramos que había que contribuir a reducir esta fenda ten grande que está habendo entre os ingresos e os gastos e senón se reduce esa fenda pode dar lugar a que o día menos pensado o centro deixe de prestar o servizo que presta porque a congregación relixiosa así nolo tiña advertido. Esta aprobación non só contou co apoio do equipo de goberno senón que tamén lle deron o seu respaldo o PP e o PSOE”.