O alcalde confirmaba que “con certo agrado recibo unha carta do director general de Política e Industrias Culturais en contestación á que eu lle enviei á ministra de Cultura a finais do mes de maio poñéndoa en coñecemento da situación que eu critiquei en moitas ocasións e que dixen que lindaba a extorsión por parte da SGAE. Eu contáballe que esta sociedade nos cobra por concertos de alumnos da Escola de Música, por concertos de afeccionados e a contestación que nos dan é para salvar un pouco a cara da SGAE”.

Suárez Barcia sinala que “vexo un pouco de luz ao final dese túnel porque me indican que a comisión de cultura do Congreso aprobou hai poucas semanas unha serie de conclusións de cara a unha reforma normativa e que se están a ter en conta todo tipo de suxerencias e que desde logo as que nós lles enviamos nos din que as tomarán en consideración. Eu confío en que eso sexa así e que cando se leve a cabo esa reforma normativa teñan moi en conta estas suxerencias que de xeito honrado lles estamos a facer desde aquí. Nos parece un sinsentido e raia a extorsión cobrarnos ao Concello de Ribadeo e aos demáis porque un grupo de afeccionados como a Coral Polifónica actúe ou porque un grupo de nenos pequenos faga un pequeno concerto para que os seus pais os escoiten. Todo esto nos parece absurdo, pero si a lei é así o que pedimos é que se cambie. Din que o van ter en consideración entón esperaremos e veremos”.