Esta xuntanza foi proposta polo propio rexedor  o pasado día 19 tras a reunión celebrada na Demarcación de Estradas do Estado na Coruña. Fernando Suárez considera importante “retomar novamente ese proxecto, ainda que sexa con pequenas modificacións, porque sería mellor que iniciar un expedente novo, xa que levaría varios anos de tramitación”.

Tamén ao longo desta pasada semana a Secretaría de Estado de Planificación e Infraestructuras comunicóulle ao alcalde “a súa vontade de darlle unha solución a este acceso á circunvalación e a teñen a intención de manter a consignación presupostaria”. Fernando Suárez busca unha saida dialogada a esta situación.