O luns 19 de xaneiro hai convocado pleno ordinario no Concello de Ribadeo. Será ás oito da tarde e na sesión someteráse a aprobación a ratificación do novo proxecto da ARI para Rinlo; licenzas de primeira ocupación; a conta xeral do exercizo de 2007; as alegación e aprobación definitiva de ordenanzas fiscais de taxas e impostos para 2009; as alegacións e aprobación definitiva do regulamento de réxime interior do hospital asilo e unha moción presentada polos grupos municipais de PP, PSOE e UPRI sobre o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial en Ribadeo. O último punto do pleno será o de rogos e preguntas.