O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “a oposición recoñeceu que tentaron levar adiante unha proposta que finalmente non lles foi aceptada polos propios ambulantes. Tanto PP como PSOE como UPRI recoñeceron que si os ambulantes non aceptan a súa proposta deixan que o goberno actúe e o goberno ten que actuar coa ordenanza vixente, coa ordenanza operativa e tratando esa ordenanza con todos os dereitos e obrigas coma calquera outra ordenanza para calquera outro estamento social ou económico deste concello”.
O rexedor engade que “só se renovará para o 2009 automáticamente a todos aqueles ambulantes que estean ao día cos seus pagos e coas súas obrigacións tributarias neste Concello, abríndose para o resto un prazo de alegacións que convenientemente e con todo o rigor xurídico lles será notificado nos vindeiros días”.