O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou onte Ribadeo.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “todo o traballo intenso que estamos tendo coa Dirección Xeral de Comercio, con Acisa, en definitiva con todo un sector que representa moitísimo en Ribadeo, e dende logo nosoutros queremos seguir promocionando, activando e trasladando novas propostas”.

O rexedor subliñou que “neste caso, xa é moi novidoso todo o que se fixo durante este escaso período, onde xestionamos 50.000 euros na Dirección Xeral de Comercio para dixitalización, para promoción e tamén para incrementar orzamentariamente as Panchas. Creo que iso é importante, primeiro xestionar o orzamento e tamén trasladar propostas”.

Vega contou que “nesta reunión, que mantiemos co director xeral de Comercio, tentamos darlle certo dinamismo ao Nadal, creo que hai que promocionar o comercio local, o comercio de proximidade, todo o que representa o noso gran comercio. Debemos traballar moito nos domingos, neses domingueos que xa vimos activando e promocionando. E tamén hai que traballar nunha liña estratéxica de dinamismo local, de promoción e de relevo xeracional, porque eu creo que é realmente importante”.

E engadiu: “o director xeral de Comercio reuníuse con Acisa, con todo un sector, e así concretar e así tamén recoller propostas. Creo que é o máis importante esa escoita activa nun sector que sigue medrando, que sigue avanzando, e que Ribadeo ten moito que dicir no conxunto de Galicia, porque o comercio neste sector de servizos Ribadeo é un exemplo. Nesta visita, neste encontro con Acisa, deunos a oportunidade de visitar e de escoitar aos comerciantes. Por tanto, nesta escoita permanente, nestas propostas nas que estamos traballando, e nesta xestión de recursos, que debemos agradecer tamén á Xunta esa dispoñibilidade. Eu creo que estamos nun camiño acertado, nun camiño de traballo e nun camiño de colaboración, que é o que dá grandes resultados”.