O sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas será ás nove
O concerto que ofrecerá Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, no IX Ribadeo Indiano adiántase ás sete da tarde. O sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas será ás nove.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “desde a organización do Ribadeo Indiano queremos informar que debido ao pase á final da selección de fútbol e coincidir en horarios decidiuse que o concerto de Vicente García o vindeiro domingo, 14 de xullo, se adiante ás sete da tarde. Deste xeito poderemos disfrutar dun fermoso concerto e despois animar á nosa selección”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “unha vez que remate o concerto de Vicente García o vindeiro 14 de xullo ás nove da noite terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano. Será un sorteo presencial e rápido, que resolveremos en poucos minutos para que todas aquelas persoas que o desexen poidan compatibilizalo absolutamente todo: concerto, sorteo e partido da selección”.