O devandito decreto di que “transcurridos anos desde a última revisión da superficie ocupada polos postos que conforman ese mercado, que polo capataz e persoal de obras, acompañados de axentes da Policía Local, se efectúen medicións dos metros cadrados que ocupa cada posto, que se sinalen e sitúen tódolos postos que non aparezan no cargo/plano do mercadiño municipal a efectos de proceder á súa inclusión e regularización de conformidade coas normas e a lexislación de aplicación e que se proceda a sinalar os postos de xeito que os usuarios ocupen só o terreo asignado”.

Fontes municipais apuntan que as medicións se realizan en metros cadrados porque así o esixe a ordenanza reguladora da praza de abastos desde hai moitos anos. Engaden así mesmo, que moitos vendedores estaban a ocupar máis espazo do acordado no seu día, de aí que agora se proceda a revisar estas superficies.