O Concello de Ribadeo porá en marcha de xeito experimental un servizo de podoloxía a domicilio para persoas maiores dependentes, co obxectivo de atender unha doenza habitual en idade avanzada. A partires de hoxe, os potenciais usuarios poderán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello, situados no Auditorio Municipal, ou chamar por teléfono ao 982 120 808. O rexedor apuntou que se trata dun servizo pioneiro na zona.
A primeira remesa de posibles usuarios deste servizo o disfrutará de xeito totalmente gratuíto e, dependendo do número de demandantes, estudaranse as condicións definitivas. A intención do Concello é ofrecer a asistencia unha ou dúas veces ao ano. O responsable dos Servizos Sociais, José Luis Gegunde, informou que esperan chegar a un número importante de domicilios, de acordo a un primeiro sondeo entre os usuarios da axuda no fogar que adiantou unha boa acollida.
O Concello tamén organizará un curso de formación para coidadores de persoas maiores dependentes, segundo anunciaba tamén nesta xornada o alcalde, Fernando Suárez. O curso está destinado a todos aqueles que coidan de persoas dependentes nos seus domicilios e que se atopan con dificultades á hora de poder movelos. Un fisioterapeuta se encargará de dar pautas de como se debe mover á xente maior.