O curso terá unha duración de 200 horas de formación teórico-práctica e 150 horas de prácticas.

Será impartido os sábados e domingos en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 20:00h no Pavillón Municipal de Ribadeo.

Para realizar o curso é preciso ser maior de idade, ter graduado en ESO, graduado escolar ou algunha titulación superior.

Entre as cuestións que abordarán figuran: psicoloxía evolutiva, animación deportiva, educación ambiental, educación para a saúde, lexislación en tempo libre, etc.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto do 9 ao 16 de outubro na casa da Xuventude.

O curso iniciarase o 21 de outubro. PRAZAS LIMITADAS!!