O goberno municipal de Ribadeo lembra que no pleno celebrado o 19 de maio de 2008 aprobóuse por unanimidade o expediente de expropiación de terreos para a construcción da futura EDAR “sen perxuizo de resolvelo nunha fase de mutuo acordo entre as partes. É máis, ao ser un procedemento expropiatorio está exento de tributación de xeito que si fose un procedemento voluntario de compra-venda tería que tributar fiscalmente”.

Desde o goberno municipal ribadense insisten en que se trata dun procedemento cuns prezos acordados, pero sen perxuizo de que esto se puidese resolver de mutuo acordo. E engaden que “estamos tentando satisfacer as cantidades fixades nun período de tempo o máis curto posible. Ademáis ofrecémoslles aos afectados varias posibilidades de pago e nesta fase de negociación dos pagos nos atopamos”.

O que máis lle interesa ao goberno municipal de Ribadeo é poñer a disposición da Xunta de Galicia eses terreos para que as obras da EDAR comencen canto antes.