O Concello inicia estes días tarefas de mantemento do entorno e do mobiliario no Cargadeiro, “unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor”, segundo destacou o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos. 

O edil ribadense explicou que “desde o Concello de Ribadeo queremos poñer de releve a zona do Cargadeiro, unha zona que tanto para ribadenses como visitantes ten un gran valor”. 

Dos Santos contou que “estivemos durante todo o verán cunha primeira acción de desbroces e agora pasaremos a unha segunda actuación que estará centrada no mantemento do entorno e do mobiliario”.

O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “así seguimos traballando e coidando do noso”.