Estes asuntos foron abordados polo alcalde na reunión mantida co director do Agacal.

Dani Vega dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos traballando para impulsar o centro de Pedro Murias. Todos sabemos que ten unha clara vocación, cunha formación específica na agraria, tamén na gandería e no forestal. Entendemos que é algo moi importante para o sector primario aquí en Ribadeo, pero debemos traballar todos para impulsar o centro de Pedro Murias e abrilo a distintas formacións e coa celebración dunha serie de actividades”.

O rexedor explicou que “nosoutros reunímonos coa Xunta de Galicia, concretamente do director do Agacal, para concretar cales son as liñas a seguir nos vindeiros días. Desde logo pasan por renovar o padroado, ese padroado que é único en Galicia. Ningún outro centro de capacitación agraria conta cun padroado que vela pola vocación que nos deixou Pedro Murias moi clara, que é a formación no mundo agrario, grandeiro e forestal. Nos queremos seguir por aí, pero sen pechar Pedro Murias a outra actividade e formación e tamén desde logo ir innovando e adaptándose aos tempos”.

O alcalde lembrou que “o padroado está sen renovar desde a época de Eduardo Gutiérrez, polo tanto o tempo di que era importante renovalo e concretalo e nos imos facelo. Por iso esta reunión tan importante. O padroado ten unha misión moi clara, o Concello tamén participa e el debe ser o que vele polo futuro de Pedro Murias e ir propoñendo unha serie de actividades que son fundamentais para garantir o futuro do centro de Pedro Murias”.