O Concello está a licitar as obras do Plan Único da Deputación por importe de máis de 362.000 euros, destinado a mellorar infraestruturas nas parroquias ribadenses

Vega explicou que “concretamente actuares en Ove na Faxarda e Igrexa; en Covelas en Vilela, Marelle, Sa e Salcedo; en Cedofeita na Trapa en Piñeiro; en Arante en Cee; en Santalla na Igrexa; en Couxela en Sindín e en Erixe. Isto nas parroquias do interior. Nas da costa actuaremos en Vilaselán na Grandela, na estrada LU-P-5202; en Piñeira no acceso ao matadoiro; en Vilaframil no Coto e na Siñeira; en Rinlo no campo de María Méndez; e na Devesa na Pedreira”.

O alcalde subliñou que “isto é un conxunto de estradas, de infraestruturas que se atopan nun mal estado e debemos actuar. Isto é o plan de infraestruturas do Plan Único e xa estamos a traballar noutros plans que se van anunciar en breve para tamén mellorar as infraestruturas”.

Dani Vega dixo que “lle agradecemos á Deputación este orzamento, ofrecémoslle toda a colaboración para seguir investindo no noso concello e nese espírito de colaboración e de xestión é no que está o goberno de Ribadeo”.