Este será un dos asuntos que se abordarán no pleno do vindeiro martes, 16 de xullo

Este será un dos asuntos que se abordarán no pleno do vindeiro martes, 16 de xullo, así coma nome que recibirá o miradoiro inaugurado hai unhas semanas preto do Forte de San Damián.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “celebramos a comisión de Facenda e de Asuntos Xerais, onde abordamos varios asuntos: o primeiro deles, o Plan Estratéxico de Subvencións, co cal vamos aprobar as Panchas en tempo e forma para que entre canto antes esa colaboración económica con todo o comercio local. É un apoio moi importante. Ata o de agora tíñamos un presuposto de 50.000 euros e agora vamos incrementar 15.000 euros. En consecuencia vamos dotar dunha subvención ao comercio para que todo o mundo poida consumir e apoiar ao comercio local de 65.000 euros. Tamén vamos firmar un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio de 50.000 euros, do cal vamos destinar 20.000 euros a Panchas. Polo tanto vamos ter un presuposto de 85.000 euros, que é moi importante porque é fundamental apoiar ano tras ano con esta colaboración importante de financiamento como son as Panchas. Queremos empezar canto antes e por iso vamos levalo a pleno o próximo martes”.

O rexedor dixo que “tamén analizamos o convenio coa Secretaría de Estado en materia de seguridade. Queremos un pobo que estea dentro dos marcos de seguridade establecidos polo Ministerio e este convenio é un paso adiante”.

Vega contou que “ao miradoiro que hai moi poucos días inaugurábamos e que financiou Costas queremos poñerlle un nome, e que mellor que dedicarllo ao pobo irmán de Loctudy, co que estamos irmandados. Os días 11, 12, 13, 14 e 15 vai vir a Ribadeo unha representación de Loctudy e vamos ter visitas para ensinarlles o noso pobo e tamén actos institucionais, un deles vai ser cando inauguremos ese miradoiro con ese nome de Loctudy e tamén un acto institucional na casa consistorial”.

O alcalde ribadense engadiu que “o último punto que aprobamos nesta comisión foi o cuarto Plan de Igualdade e iremos tamén con este tema tan importante dando pasos fundamentais para a igualdade dentro da sociedade. Xa foi aprobado en comisión e esperemos aprobalo tamén en pleno. Polo tanto foi unha comisión e será un próximo pleno ricos en temas. Así seguimos traballando e xestionando para Ribadeo”.