Os autores dos feitos accederon ao interior rompendo unha ventada da aula 4 e levaron un violonchelo que foi valorado en 600 euros. A maiores, causaron algúns danos ás máquinas expendedoras de lambetadas e cafés e fuxiron coa recadación que contiñan nese momento.

Mariluz Álvarez Lastra asegura que “esto foi o que vimos nun primeiro momento, agora haberá que facer unha valoración moito máis exhaustiva dos instrumentos servíndonos do noso inventario para saber si falta algunha cousa máis”. A Garda Civil está xa a investigar o caso.