A partida destinada a este fin supera os 50.000 euros.

O Concello asinou hoxe as subvencións nominativas coas entidades deportivas de Ribadeo. Segundo subliñou o alcalde, Dani Vega, a partida destinada a este fin supera os 50.000 euros. 

O rexedor explicou: “acabamos de firmar as subvencións nominativas para todas as entidades deportivas, tanto para as escolas de verán como para as actividades que hai ao longo de todo ano. En primeiro lugar, agradecer todo o traballo que están facendo todas as entidades, todas as persoas que conforman eses grupos, esas entidades deportivas, que dende o voluntariado, dende a entrega, están facendo moi grande o deporte ribadense. Ben sexa que con todos os deportistas estamos conseguindo galardóns a nivel autonómico, nacional e incluso internacional. Tamén están impulsando moitas actividades que animan a economía local. E dende logo, creo que a labor que fan é moi importante para que todos os nosos rapaces e rapazas se vaian introducindo no mundo do deporte”. 

Para o alcalde “un Concello activo, máis deporte, iso é  o que quere o Concello de Ribadeo, e dende logo debemos felicitar tamén o concelleiro, a Silvent, tamén o técnico de deportes, a Iván, que fai un traballo importantísimo, máis alá da súa xornada laboral. E por iso é moi importante ter persoas que tamén entenden e apostan polo deporte dende o Concello. Polo tanto, un agradecemento tamén a Iván e a todos os técnicos do Concello que colaboran na montaxe das actividades que se realizan durante todo ano. Sería imposible sen eles”. 

Dani Vega cre que “debemos seguir nesta liña. As entidades deportivas impulsan, propoñen e desde o Concello debemos colaborar, entendendo e sendo conscientes de que o orzamento é limitado. Por iso agradecemos a colaboración tanto da Deputación como da Xunta de Galicia, que están aportando e colaborando con nós para que moitas actividades saian adiante. Co orzamento municipal solo non podería ser. Por iso, un agradecemento, vamos seguir xestionando orzamento para que se garantan esas actividades, e polo tanto eu creo que entre todos o podemos facer”. 

O rexedor subliñou que “estes 50.160 euros nas subvencións nominativas é unha parte, hai mais parte de colaboración por parte do Concello, e se lle sumamos toda a xestión que estamos facendo desde o Concello na Xunta e na Deputación, incrementase case ou practicamente no dobre. Creo que tanto coa xestión como cos recursos propios estamos facendo as cosas realmente ben. Vamos seguir nesa liña e vamos traballar entre todos, que é o máis importante entre as entidades, o Concello e o resto das administracións”.