O alcalde felicita á asociación pola súa labor filantrópica e tamén ás traballadoras pola súa entrega no coidado das persoas.

20 aniversario centro día A Concordia Ribadeo

O Centro de Día A Concordia celebrou o seu vinte aniversario. O alcalde, Dani Vega, felicita á asociación pola súa labor filantrópica e ás traballadoras polo coidado e dedicación ás persoas.

O rexedor declarou que “desde o Concello queremos felicitar á asociación e ao Centro de Día A Concordia. Primeiro debemos felicitar á asociación A Concordia por esa filantropía, esa entrega deses terreos para que fose posible construír e así ter un Centro de Día. Tamén quero felicitar á dirección desta instalación e a tod@s @s seus traballadores/as, porque sen lugar a dúbidas estades a facer un traballo moi importante, de entrega e un traballo do máis importante que hai, que é coidar á persoa, o valor da persoa e estar entregado permanentemente”.

Vega subliñou: “desde o Concello sentímonos orgullosos da celebración deste acto, porque é a demostración da entrega e do coidado ás persoas. Nos, como Concello, estamos a colaborar con vosoutros naquilo que precisades e naquelas propostas que nos trasladades. En primeiro lugar moitas accións que se están a facer coa Concellería de Benestar Social e que seguiremos a levar adiante nas vindeiras semanas e tamén coa Concellería de Deportes, cuxa mostra é esta actividade deportiva denominada Marcha Interxeneracional. Estamos satisfeitos porque nesta carreira hai máis de 50 inscritos e iso significa que empezamos forte. Moitos Concellos xa nos están chamando para preguntarnos cómo fixemos e explicámoslles que é un traballo conxunto co Centro de Día e así é posible”.

O alcalde dixo: “tamén quero felicitar á Xunta de Galicia porque está a colaborar con este Concello para que sexa posible mellorar o Centro de Día. Acabamos de investir 16.700 euros nas portas e no 2024 investiremos máis de 50.000 euros e iremos concretando en qué. O edificio precisa deste investimento. Así o detectamos cando chegamos ao goberno e así o estamos a demostrar”.

Dani Vega aludiu aos orzamentos municipais de 2024: “cando dixemos hai poucos días que os orzamentos municipais son os máis altos da historia era verdade e que a partida máis importante e significativa ía para a Concellería de Benestar Social para temas sociais, ben sexa para colectivos e tamén en investimentos… outra demostración é o Centro de Día, xa que estamos a xestionar orzamento para que este inmoble mellore e conte cunhas boas instalacións”.

E engadiu: “imos seguir colaborando e traballando entre todos para mellorar o Centro de Día, para seguir innovando e creando moitas actividades e imos seguir honrando a estes colectivos, como é A Concordia, por esa entrega e por esa filantropía, que sen lugar a dúbidas mellora Ribadeo”.