O rexedor comentou que “agora pola tarde observamos unha mostra máis de que comportamentos egoístas acaban prexudicando a toda a comunidade ao tempo que se dá unha imaxe que logo non é a real”. Foron detectados casos de contedores de cartón baleiros no interior e con caixas e cartóns depositados fora ao seu carón ou enriba.

Suárez Barcia subliñou que “o servizo de limpeza está estes días traballando a tope e, crédeme, todo o cadro de traballadoras e traballadores están dando o mellor de si para que Ribadeo estea como se merece. O calor e tantisima xente que hai obriga a esforzarse así”.

O alcalde considera que “por moito persoal, por moitos contedores, por moitos medios que teñamos, nunca serán dabondo para atallar actuacións egoístas e desafortunadas”. E fai unha chamada á concienciación cidadá: “fagámolo ben. Custa o mesmo e beneficiámonos todas e todos”.