Suárez Barcia valora “positivamente que os ambulantes se monten mañá, mércores, pero creo que é porque lles interesa, porque non poden perder este mercado de noiteboa. Respeto que queiran ir á folga, aínda que deben saber que terán que pagar o mes enteiro, porque si non montaron os postos algús días é cousa deles”. O alcalde de Ribadeo lamenta “esta actitude que teñen algúns grupos da Corporación, uns máis que outros, alentando aos que non queren cumprir a lei, porque recordo que as ordenanzas municipais son leis e ademais foron aprobadas por todos os grupos  no seu momento. Incluso persoas que agora forman parte da Corporación Municipal naquel momento eran os redactores e os que tiñan o goberno para aprobar a ordenanza que agora nós, como goberno municipal, temos a obriga de defender a sua aplicacion en tanto a lei non se deroge ou non se cambie. Esta actitude, alentando este tipo de actuacións, está desconcertando á sociedade ribadense, que si que ten pagar as ordenanzas do Concello e doutras administracións. A xente laiarase de que ten que pagar o imposto de vehiculos de tracción mecánica, pero non protesta, igual que o IBI e a auga, igual que os establecementos comerciais cando poñen mesas nas terrazas, teñen que pagar o servicio si o queren”.

Fernando Suárez engade que “xa que se deu esta situación, que eu lamento, agora o mercado vai volver a ser o que foi. Non se vai permitir que os ambulantes deixen lixo tirado cando se acaba o mercado, non se vai permitir que as furgonetas se queden no mercado sin pagar ocupación e obstaculizando o paso dos viandantes, vaise controlar o intrusismo e vaise, en definitiva, aplicar a ordenanza. E si o resto da corporación quere cambiar a ordenanza, adiante; estamos en democracia e o que diga a corporación vai á misa. Pero que miren ben o que fan, porque os ollos da opinión pública están moi enriba de todo isto, e a ver si para gañar unha pequena batalla van acabar perdendo a guerra”.