Na carta remitida, Suárez Barcia transmitiulle á Deputación a necesidade de se realicen estas actuación xa “que nos atopamos no último terzo da temporada estival de 2008 e ata o de agora non se procedeu a esas labores”.

O alcalde, engadiu a isto “que non é de recibo que chegadas estas datas, sobre todo nas zonas costeiras, en vías que conducen ás praias na parroquia de A Devesa e na zona de Vilaselán, non se tivera adoptado aínda ningunha resolución ao respecto”, e todo isto, segundo a carta remitida por Suárez Barcia á administración provincial “a pesares de ter falado sobre este asunto e de terme interesado en diversas ocasións”.