O rexedor manifestou que estes rapaces e rapazas proceden dun “pobo ocupado desde hai anos por Marrocos, que vive pendente das resolución das Nacións Unidas para poder ter o seu propio territorio propio e a súa propia autonomía”. “Mentres isto non acontece”, engadiu o alcalde, “o Frente Polisario desde hai moitos anos, e con moitos concellos, está a facer unha importante labor de intercambio para ofrecerlles a estes nenos e nenas a posibilidade de que poidan coñecer outra civilización”.
Fernando Suárez engadiu que estes nenos e nenas “estiveron en Ribadeo varias semanas e puideron así coñecer o noso Concello e a nosa comarca”. Suárez lembrou neste acto que o Concello de Ribadeo “costeou humildemente unha viaxe en tren a Viveiro para eles e as súas familias de acollida e hoxe convidámolos a este acto para desexarlles unha boa viaxe de retorno e para que saiban que Ribadeo os acollerá de novo cos brazos abertos en anos vindeiros”.