O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, enviou un escrito á Subdelegación do Goberno, no que asegura que “en relación coa manifestación prevista para o día de mañá por parte dos vendedores ambulantes do mercado de Ribadeo, esta Alcaldía non tivo ningunha causa obxectiva que opoñer á súa celebración conforme á normativa vixente”. No texto engade que “nembargantes e co fin de que se desenvolva sen coaccións respecto ao peche dos comercios e con garantías para a seguridade das persoas e bens, rógolles a colaboración da Garda Civil para o bó orde da mesma”.