O rexedor sinala que “acudín coma alcalde, pero tamén como veciño aproveitando esta convocatoria unánime de todos os sindicatos agrarios, sobre todo por esta situación grave penso que como nunca ten atravesado o sector do agro e o sector lácteo concretamente”.

Suárez Barcia di que “este sector segue a ser estratéxico para nós e para a nosa comarca, a pesares de que se reduciu nos últimos anos, xa que xenera traballo directo pero tamén moito emprego indirecto e si un entramado social se nos vai abaixo eso repercute en todos os demáis”. O alcalde ribadense explica que “polo tanto a nosa presencia aquí é de apoio ao sector e tamén para dar un toque de atención ao ministerio para que non permita ese dumping… esas vendas de tantas toneladas de leite que entran no Estado español a prezos moito máis baixos do que costa producir e eso cando menos é unha práctica ilexítima e fraudulenta. E desde logo eso provoca, ademáis de prezos insostibles, a ameaza indirecta de que o leite pode quedar sen recoller en moitas explotacións gandeiras”.

Fernando Suárez considera que “todo esto de non buscar unha solución en breve podería provocar un peche en cadea de explotacións coa conseguinte perda de emprego tanto de postos de traballo directos coma  indirectos”.

Catro autobuses partían a pasada noite das inmediacións da cooperativa ribadense Os Irmandiños cuns 200 gandeiros de Ribadeo e doutros puntos da comarca para participar na manifestación que esta mañá percorre as rúas de Madrid para rematar diante do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.