O alcalde, Daniel Vega, fai unha valoración positiva da visita cursada á escola infantil por parte do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.

O alcalde fai unha valoración positiva da visita cursada á escola infantil polo director xeral de Familia

O rexedor dixo que “foron 30.000 euros de inversión para remodelar a escola infantil. A dirección do centro solicitounos a colaboración para que xestionáramos ante a Xunta ese investimento. Actuouse en dúas aulas, que foron remodeladas. Cambiamos os solos, xa que non cumprían a normativa, e agora xa están modificados. Agora as aulas, que contan con solos vinílicos, tamén foron pintadas. E remodelamos o muro exterior, o que da ao aparcadoiro da rúa do Pipelo”.

Vega explicou que “na xuntanza que mantivemos co director xeral de Familia o que fixemos foi xestionar outros 15.000 euros. Con esa partida actuaremos no acceso á escola infantil. Alí vaise botar formigón e tamén se mellorará a zona onde se aparcan os carriños dos bebés”.

Para o alcalde “é moi importante traballar e xestionar orzamento porque é moi necesario investir nos edificios públicos, no ensino público e desde logo na nosa escola infantil”.