O rexedor contou esta tarde: “pois resulta que son positivo en covid. A pesar de ter xa desde hai días as dúas doses da vacina contra o covid19, acabo de recibir os resultados dunha pcr á que me sometín esta fin de semana por notarme con algún dos síntomas propios desta enfermidade”. 

Suárez Barcia dixo que “aínda que me atopo, e me atopei en perfecto estado de saúde, podo comprobar por min mesmo que nin a vacina evita que nos poidamos contaxiar, aínda que no meu caso afortunadamente, non vaia mais aló dun illamento na miña casa durante os días que se me indiquen”. 

O alcalde engadiu: “desde o meu fogar seguirei a traballar e a contactar por teléfono e por internet para manter a coordinación co resto do equipo de goberno, a fin de seguir co normal funcionamento do Concello”.