O alcalde, Dani Vega, mantivo onte un encontro co conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse onte en San Caetano co alcalde de Ribadeo, Dani Vega, para tratar asuntos relacionados coa súa área e avanzar en diferentes canles de colaboración vencelladas co seu departamento.

Así, no encontro prestouse especial atención ao que ten que ver coa dinamización cultural, a conservación do patrimonio ou mesmo ou accións enfocadas á lingua e á xuventude.
O rexedor subliñou que o obxectivo do encontro “foi abordar diversas melloras en infraestruturas e a dinamización cultural de Ribadeo”.

Con esta xuntanza, o representante da Xunta continúa coa rolda de contactos cos responsables dos distintos concellos galegos para escoitar de primeira man as súas necesidades no marco das súas competencias.