O alcalde, Dani Vega, asistiu no Ceip Gregorio Sanz a unha actividade desenvolvida polo Club de Buceo Illa Pancha. A través dun documental e dunha charla-exposición achegáronlle ao alumnado os secretos que agocha o fondo mariño da ría. O rexedor agradeceu o traballo realizado por este colectivo “e por ir ao colexio a  explicar e implicar aos nenos e nenas no amor polo medio ambiente e polo patrimonio que agocha a nosa ría”.