O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela. O investimento ascenderá a 200.000 euros.

acceso autovia do cantabrico ribadeo

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela. O investimento ascenderá a 200.000 euros.

O rexedor dixo: “facemos unha valoración moi positiva da colaboración que vai ter a Deputación de Lugo con Ribadeo, 200.000 euros para a estrada de Vilela. Unha infraestrutura que estaba nunha situación bastante complexa, estáballe causando moitos problemas aos veciños e polo tanto dende o Concello fixemos unha solicitude e a Deputación respondeu que si a esta petición. Vai investir 200.000 euros na estrada de Vilela”.

Vega sinalou: “para nosoutros é moi importante. Para todos os veciños é fundamental. Estaba causando moitos problemas e había que buscar solucións. Nos fixemos o traballo de solicitarllo á Deputación e a Deputación entendeu que é unha vía de comunicación importante, fundamental. Os técnicos así llo trasladaron e polo tanto nosoutros hoxe o que queremos é darlle as gracias á Deputación, seguir nesta liña de entendemento, que realmente cando dúas administracións se entenden quen se beneficia é o conxunto da cidadanía”.

E engadiu: “e neste caso, Ribadeo benefíciase dunha importante colaboración económica da Deputación e eu sempre vou dicir alto e claro aquel que colabore con Ribadeo vai ter un profundo agradecemento deste pobo”.