O goberno municipal de Ribadeo asegura que o salario que percibe o alcalde foi o aprobado en pleno despois da súa investidura e foi o resultado da media entre o que cobraba cando era tenente de alcalde e o que percibía o rexedor saínte. Tamén apuntan a que ese incremento salarial ao que alude un sindicato rexístrase ao ano e non ao mes e insiste en que o rexedor non cobra ningúnha cantidade a maiores por asistencia a plenos, a comisións, etc, etc…

O goberno municipal engade que esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira e pensan que mal pode defender e asesorar aos seus representados deste xeito, enviando notas de prensa e a continuación correccións que o único que fan é terxiversar e manipular a realidade.