Suárez Barcia ten constatado que “unha treintena de empresas se presentaron para realizar esta grande obra de construcción do polígono industrial que ten cifrado o seu coste en 6 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses ainda que a empresa adxudicataria o pode facer en menos tempo”. O rexedor di que “foron moitas as empresas que acudiron ao Concello a pedir información”.
O alcalde de Ribadeo agarda que ditas obras comencen na primavera e considera que o polígono é moi importante “porque xenerará moitos postos de traballo que boa falla de fan a Ribadeo e á comarca, máxime nesta situación económica delicada na que nos atopamos. E ao mesmo tempo xa desde o momento da súa creación con esta cifra de 6 millóns de euros de licitación a empresa ou empresas que executen dita obra terán que contratar necesariamente man de obra de aquí aínda que poidan traer cuadros técnicos especialistas doutras zonas”.
Fernando Suárez advierte que o Concello estará moi pendente das garantías coas que se vendan as parcelas do polígono industrial de Ribadeo “queremos que as parcelas que se soliciten vaian obrigatoriamente ligadas a un uso predefinido das mesmas, que vaian ligadas a un uso comercial, industrial previamente definido. Non queremos que se adxudiquen ou se vendan parcelas sin eses usos para o día despois colgar o cartel de se vende ou se alquila. Eso non o vamos consentir dado que o polígono industrial tampouco vai ser tan grande e non queremos que pase o que ten pasado con moitos polígonos industriais que unha vez rematados, todo vendido e logo non había empresas que se puideran instalar porque había intermediarios… Non imos consentir intermediarios. Eses son os criterios que lle estivemos a dicir á SEPES para que o tivera moi en conta”.